Nov
4
Carvalho Calero
arturoiglesiasTraballos de deseñoPosted by arturoiglesias in


Para commemorar o centenario do nacemento de Ricardo Carvalho Calero, a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e máis a Asociación Socio-Pedagóxica Galega organizaron unha exposición de grande parte da obra literaria do escritor.
O encargo incluía tanto o deseño xeral da exposicón como o folleto ca información do autor. Para o deseño que en principio era de 3 cartaces optouse por unha presentación con texto en vinilos nas paredes, e un pequeno video de acompañamento que se proxectaría durante o tempo de apertura. Ademais se deseñou un banner para incluír nas páxinas web dos promotores así como unha invitación para o seu envio dixital.
O folleto rematou sendo unha pequena publicación de case 40 páxinas.
Para todo o deseño xogouse coas cores laranxa e gris e con fondos escritos coa letra de Carvalho Calero, para asocialo co título da exposición: de puño e letra.

Mar
1
Antón si tal!
arturoiglesiasPublicaciónsPosted by arturoiglesias in

Portada do conto Antón si tal!
Acaba de publicarse o conto Antón si tal! está publicado por Baía e ilustrado por Xosé Tomás.
O conto reproduce unha expresión moi común na Costa da Morte e que meu fillo emprega moito, si tal para dicir que algo e certo e non tal para indicar que algo non é así.
O conto está dirixido ao público máis pequeno e está basado na técnica das ringleiras de palabras, de maneira que en cada páxina repítese unha das palabras que aparece na anterior, así poderiamos xogar a ir dicindo toda a serie.
Ademais Tomás empregou para as ilustración a técnica do collage que pode ser utilizada tamén nas escolas para ilustrar outros contos.
Na páxina de Baía suxérense outras posibles actividades para realizar con este conto.

Feb
13
Tríptico sobre Rosalía
arturoiglesiasTraballos de deseñoPosted by arturoiglesias in

Para unha exposición sobre Rosalía realizada na Biblioteca de Estudos Locais da Coruña recibín o encargo de realizar un folleto. As imaxes de Rosalía coas que contaba están xa moi vistas, así que mantendo o deseño orixinal das mesmas introducínlle unhas notas de cor que empreguei como fondo dos cadros de texto. Uns adornos florais permitian combinar as diferentes páxinas do folleto.

Xan
8
Roteiro pola Torre de Hércules
arturoiglesiasTraballos de deseñoPosted by arturoiglesias in

cartaz_web

O encargo da Asociación de veciños de Monte Alto era dun cartaz para un roteiro polos arredores da Torre de Hércules. Aportaban o texto que era necesario incluír e unhas fotografías a moi baixa calidade , como sempre, había que entregalo xa.

Para buscar algunha idea que puidera servir para o deseño, saín pasear co meu fillo Antón polos arredores da Torre e recollimos algunhas pedriñas, herbas, paiños. Xa na casa usei eses elementos para escribir o nome de Roteiro, ao conxunto dinlle un formato de mapa antigo como de percorrido de exploradores e como as imaxes que tiña eran de pouca calidade incrporeinas en pequeno formato como se fosen fotografías dun libro de viaxes.

A tipografía é manuscrita para reforzar o carácter de mapa de viaxes. Non había tempo para máis pero unha vez rematado parece que faltaría a fotografía dun compás ou calquera outro elemento de viaxes. En calquera caso, para o pouco tempo, creo que quedou aparente.

Mai
13
A noite de San Xoán
arturoiglesiasTraballos de deseñoPosted by arturoiglesias in

xoan

Para o San Xoán encargaranos dende a concellaría de Cultura do Concello da Coruña facer un tríptico. Manolo Graña fixo as fotografías e organizamos o texto en tres bloques: Auga, herbas e lume. Retocamos as fotografías para darlles a tonalidade correspondente e xogamos con esas cores para os fondos e mais os textos de cada apartado. Pedíase que fora de pequeno tamaño para poder levar no peto. Penso que coas fotografías de Graña logramos darlle esa textura de algo tradicional e próximo.

Mai
13
Día internacional dos museos
arturoiglesiasTraballos de deseñoPosted by arturoiglesias in

estrelas

Agora que se achega o día internacional dos museos (18 de maio), lembro este cartaz e máis os dípticos que fixera para o Concello da Coruña para anunciar as actividades deste día. Como soe ser habitual era moitísimo texto. Pensei neste nome e empreguei a cor azul violeta para o fondo para que se parecese a un anoitecer e facendo estrelas ou constelacións cos diferentes grupos de actividades que se ían desenvolver. O díptico xogaba coa mesma idea pero sen imaxes xa que era a representación de todos os actos e non quería destacar ningún en particular, pero alguén debeu pensar que era un erro e decidíu incluilas na imprenta.

Abr
6
Jenaro Marinhas na lembranza
arturoiglesiasTraballos de deseñoPosted by arturoiglesias in

Esta pequena curta fixémola Manolo Graña e máis eu para o Concello da Coruña, colaboraron con nós Aldán e Antón, os nosos fillos respectivos.

O audiovisual proxectouse o día da inauguración da exposición de Jenaro Marinhas e posteriormente fíxose unha pequena edición para distribuír polos colexios da Coruña. Gravamos unha entrevista aos familiares e imaxes da representación dalgunhas das súas obras, e ademais recompilamos un bo lote de fotografías e outras realizounas Manolo na propia casa do escritor. E todo realizado nun tempo record.

Mar
4
Unidade didáctica Curros
arturoiglesiasTraballos de deseñoPosted by arturoiglesias in

Este encargo da Concellaría de Cultura da Coruña xunto coa Deputación Provincial da Coruña, implicaba a realización duns materiais elaborados polo Seminario Curros Enriquez. Se pretendía que o material puidera ser fotocopiado polo profesorado de primaria e infantil, con este motivo deseñei unha carpeta na que se almacenara o material para poder ser fotocopiado sen dificultade. As fichas están realizadas a unha soa tinta, empregando para cada un dos apartados unha cor diferente. Os debuxos do interior están realizados por Xosé Tomás e o da cuberta é de Paula Docampo.

Feb
19
A Coruña cultura
arturoiglesiasTraballos de deseñoPosted by arturoiglesias in

Para a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña realicei varios cartaces anunciando as actividades que se ían desenvolver cada mes. Para o seu deseño inspireime nos que realizara Álvaro Cebreiro nos anos trinta para publicitar a cidade da Coruña.

Feb
9
Audiovisual Manuel María
arturoiglesiasTraballos de deseñoPosted by arturoiglesias in

Xunto con Manolo Graña e Eduardo Álvarez realizamos este pequeno audiovisual. En principio estaba pensado para proxectalo no acto de homenaxe a Manuel María, pero debido ao interese mostrado por algunhas persoas rematou editándoo a AS-PG e agora está á venda, como se pode ver no anuncio desta revista literaria.

Olark Livehelp